martes, 4 de diciembre de 2018

CONCURSO DE HALLOWEEN NO CEIP DAS MERCEDES

Este ano, no CEIP As Mercedes, fixemos diversas actividades para celebrar o día de Halloween ou Samaín. Entre elas levouse a cabo un concurso de debuxos de Halloween. Publicamos as fotos dos debuxos, así como os/as gañadores/as. Esperamos que vos gusten!!




















martes, 16 de mayo de 2017




Este ano como sabedes o Día das Letras Galegas está adicado ao escritor Carlos Casares, por iso dende a Coordinadora Galega de ENDL ofrécesenos recursos e materiais sobre este autor. Aquí vos deixamos o enlace para que podades acceder a todo o material.. Feliz Día das Letras Galegas!!!

domingo, 10 de abril de 2016

A páxina web da Coordinadora Galega de ENDL acaba de incorporar moitísimos recursos e materiais sobre o poeta Manuel María, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2016. Aquí vos deixamos o enlace para que podades acceder a todo o material: actividades en liña, álbumes de imaxes, xogos, unidades didácticas, blogues intersantes, presentacións, brincaletras, materiais audiovisuais...) Para acceder preme aquí.

martes, 10 de febrero de 2015

lunes, 17 de noviembre de 2014

ASÍ CELEBRAMOS O NOSO MAGOSTO

Aínda que o día non prometía celebramos o Magosto.

REFRÁNS:

·                     As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.

·                     Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.

·                     Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.

·                     Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.

·                     Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.

·                     Polo san Martiño, castañas e viño.

·                     Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.

·                     Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.

·                     Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

 

Os rapaces pasárono estupendamente e fartáronse de castañas!!!!!!!

 

 

CABAZAS CON PREMIO.

Xa hai varios días que estaba pendente publicar os gañadores/as dos premios do concurso de cabazas que fixemos durante o Halloween-Samaín. Velaquí están os/as gañadores/as.

PARABÉNS, GAÑADORES/AS!!!

As nosas felicitacións a todos/as nenos/as que participaron e as súas familias polo estupendo traballo realizado. Para o ano....máis e mellor!!!

CHEGOU O SAMAÍN

Rematou o verán e comezou o outonoépoca de vendimias, castañas e, como non, de pasar un pouquiño de medo  co Samaín. Como sabedes esta festa celébrase na noite do 31 de Outubrodata na que comezaba o aninovo celta, nesta noite as ánimas dos difuntos visitaban as casas das súas familias para quentarse ao carón do lume e tomar algo de alimento. 

Esperamos que o pasedes de medo!!!


martes, 28 de octubre de 2014

RECURSOS DE OUTONO, MAGOSTO E SAMAÍN

Chegan as celebracións do outono e con elas o Samaín e o Magosto. Como nas aulas xa entramos de cheo na súa preparación, velaí vai a nosa selección de actividades e recursos para traballalos. So tes que premer nas diferentes imaxes de abaixo.


viernes, 6 de junio de 2014

CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS




Contando coa colaboración das familias levamos a cabo esta actividade para a recuperación  da tradición oral. Foi todo un éxito!!!!

jueves, 19 de diciembre de 2013